Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúa a busca do septuaxenario desaparecido en Mazaricos

Continúa a busca do septuaxenario desaparecido en Mazaricos

O seu coche foi localizado o sábado estacionado nunha rúa de Carballo

G24.gal 22/12/2022 20:39 Última actualización 22/12/2022 21:03

En Mazaricos continúa a busca de Antonio Tuñas, o veciño desaparecido hai unha semana. O seu coche apareceu o sábado en Carballo e a Policía Xudicial da Garda Civil está a analizalo en busca de probas que poidan despexar algunha das incógnitas desta desaparición.

Fai unha semana da desaparición de Antonio Tuñas Vieites e a súa familia continúa rastrexando a pé e en coches os lugares máis próximos a onde foi visto por última vez e onde o situaba o sinal do seu teléfono móbil e da pulseira de teleasistencia.

O sábado, o seu coche, no que saíra desde a súa casa de Alborés, foi localizado aparcado nunha rúa de Carballo, próxima á estación de autobuses. Pero o estado en que apareceu levantou as sospeitas de que Antonio non o conducira ata alí.

A Policía Xudicial da Garda Civil acudiu este mércores ao seu domicilio para  recoller algúns útiles de Antonio que permitan contrastar mostras do seu ADN co que puideran atopar no vehículo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade