Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un edificio ocupado ilegalmente na rolda de Nelle, na Coruña, foco de inseguridade

Un edificio ocupado ilegalmente na rolda de Nelle, na Coruña, foco de inseguridade

Veciños e comerciantes din vivir un auténtico calvario desde hai unha década, sen que ninguén faga nada ao respecto

G24.gal 15/12/2023 13:23

Veciños e comerciantes da rolda de Nelle, na Coruña, denuncian serios problemas de convivencia vencellados coas drogas. Hai escasos días, unha comerciante gravou un home que intentaba entrar pola forza noutro negocio. Porén a propietaria, que estaba dentro, puido reaccionar a tempo. Un caso que, polo que contan, non foi illado.

"A un señor roubáronlle as chaves e fuxiron correndo"; "métense sobre todo coa xente maior"; "na Casa das Uñas tamén intentaron roubar", comentan os veciños.

E precisamente, esta mañá, a directora dunha clínica dental tivo o xuízo por un roubo con violencia que sufriu en decembro do ano pasado.

"É constante. Eu vivo con moita intranquilidade. Ata dá medo baixar á rúa pola noite a tirar o lixo"; "nós, para ir á farmacia, xa damos a volta. Por debaixo dese edificio xa non queremos pasar porque é un perigo", din os veciños.

Aseguran que levan máis dunha década sufrindo serios problemas de convivencia.

"Hai moita droga, tamén..."; "aquí ven a policía, pero o problema segue"; "caen cristais, tiran bolsas polas ventás, poñen a música moi alta día e noite"; "xa nos manifestamos moitas veces diante do edificio, do Concello, e nada"; "agora din que os van botar e que van tapiar o inmoble...".

Pola experiencia que están a vivir din que ata que o vexan non o cren. Entrementres, seguen esixindo unha solución para rematar con este punto conflitivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade