Publicador de contidos
Publicador de contidos

Frío intenso con temperaturas baixo cero no interior: -7,7 en Calvos de Randín

Frío intenso con temperaturas baixo cero no interior: -7,7 en Calvos de Randín

Cinco concellos galegos rexistran temperaturas por debaixo dos -5ºC durante a madrugada

O frío vén acompañado de xeadas e néboas persistentes

G24.gal 04/12/2022 13:46 Última actualización 04/12/2022 13:59

Unha xeada que resiste a chegada do sol, termómetros por baixo dos cero graos e roupa de moito abrigo entre a pouca xente que anda pola rúa. Son as estampas que deixa este segundo día de frío intenso en que as temperaturas mesmo baixaron de xeito abrupto durante a madrugada. Pero hai xeitos de combatelo.

En Calvos de Randín, o mercurio caeu ata os 7,7 graos baixo cero, unha temperatura similar á de Xinzo de Limia. Na provincia de Lugo houbo temperaturas inferiores os catro baixo cero no Val de Lemos, en Sarria e nas zonas de montaña. A isto houbo que engadirlle unha néboa persistente que segue sen levantar, por exemplo, na cidade de Lugo.

Nas Rías Baixas o frío tamén se deixou sentir, pero de xeito máis feble e non se baixou dos cinco graos e con máximas de catorce.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade