Continúan abertas as investigacións polos atropelos de Ourense e Bertamiráns
Continúan abertas as investigacións polos atropelos de Ourense e Bertamiráns
En Ourense rexistráronse dez atropelos no que vai de ano; o máis grave, o da fin de semana pasada
Na cidade de Ourense rexistráronse dez atropelos no que vai de ano. O máis grave aconteceu hai unha semana na Ponte Nova. A Policía Local encárgase de investigar as circunstancias do sinistro no que faleceu un veciño de Xinzo de Limia.
Segundo algunhas testemuñas, o home caeu na calzada antes de que lle pasasen por riba dous vehículos. O condutor do primeiro turismo fuxiu do lugar. O do segundo coche parou, pero cando chegou o persoal de emerxencias só puido certificar a morte do peón.
Tamén segue aberta outra investigación polo atropelo acontecido en Bertamiráns a fin de semana pasada.
A Policía Local intenta identificar o condutor que levou por diante un rapaz de 13 anos nun paso de peóns causándolle lesións nunha perna.