Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os incendios de Folgoso e A Pobra do Brollón superan as 6.000 hectáreas calcinadas e continúan activos

Os incendios de Folgoso e A Pobra do Brollón superan as 6.000 hectáreas calcinadas e continúan activos

As lapas calcinaron máis de 6.000 hectáreas, con varios núcleos arrasados

Félix Aragunde 19/07/2022 13:56

Tras pasaren varias noites desprazados debido aos incendios, os veciños dos núcleos desaloxados entre A Pobra do Brollón e O Courel volveron aos seus fogares. É o caso dos residentes na aldea courelá do Mazo, onde varias vivendas quedaron arrasadas polas lapas.

Noutros lugares, as casas correron peor sorte. O núcleo courelao de Vilar quedou totalmente destruído, igual que o de Río de Bois, na Pobra do Brollón. Os donos dos inmobles arrasados polo lume esixen agora indemnizacións.

Os incendios que asolan os concellos de Folgoso do Courel e da Pobra do Brollón calcinaron xa máis de 6.000 hectáreas e continúan activos. Cinco mil corresponden ao principal incendio, en que se xuntaron os dous da parroquia de Vilamor e os dous de Saa.

Polo momento, non houbo que lamentar danos persoais, pero gran cantidade de animais domésticos quedaron á mercede das lapas, con centos de colmeas calcinadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade