Seguen os traballos arqueolóxicos no galeón "San Giacomo di Galizia", afundido na ría de Ribadeo a finais do século XVI
Seguen os traballos arqueolóxicos no galeón "San Giacomo di Galizia", afundido na ría de Ribadeo a finais do século XVI
Seguen os traballos arqueolóxicos no galeón "San Giacomo di Galizia", afundido na ría de Ribadeo a finais do século XVI
O buque foi descuberto no ano 2011 e é o mellor conservado do mundo
Tras varias campañas de escavación, este verán un equipo de mergulladores arqueólogos volvía baixar ao barco
Esta campaña arqueolóxica céntrase na recuperación de pedras do lastre para facer novos estudos sobre a súa orixe
O buque San Giacomo di Galizia, afundido na ría de Ribadeo no ano 1597, segue gardando moitos segredos da súa historia. Tras varias campañas de escavación nos últimos anos, este verán un equipo de mergulladores arqueólogos volvía baixar ao barco para continuar cos traballos de investigación.
O galeón San Giacomo di Galizia afundiuse na ría de Ribadeo a finais do século XVI. Foi descuberto no ano 2011 e é o mellor conservado do mundo.
"A ría de Ribadeo está cuberta de area e cubriu o galeón tras o seu afundimento e iso favoreceu a súa conservación. Son 34 metros de eslora, o barco está completo de proa a popa e conserva moita da súa estrutura, tanto interior coma das cubertas superiores", di Miguel San Claudio, arqueólogo submarino.
Tras varias campañas de escavación nos últimos anos, o buque foi desvelando moitos dos seus segredos.
A comezos deste verán, un equipo de mergulladores arqueólogos volvía baixar ao barco.
"Esta campaña arqueolóxica centrámola na recuperación de pedras do lastre para facer novos estudos, os feitos ata o de agora deron como resultado que as pedras proviñan da zona do Vesubio, do golfo de Nápoles, incluso hai pedras procedentes das erupcións volcánicas", engade.
O bo estado de conservación da nave de guerra espertou un enorme interese en investigadores internacionais.
Contan cun amplo equipo de especialistas que analizan cada unha das pezas que compoñen a historia deste galeón... e aínda queda moito traballo de investigación por desenvolver.
"Nos estudos temos representantes de moitos países e é pola sorte que temos en Galicia de ter unha embarcación destas características que nunca puido ser estudada co método científico en ningures", destaca Miguel San Claudio.
As pezas recuperadas permanecen no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.