Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúan os traballos para rescatar unha vaca que caeu no Deza

Continúan os traballos para rescatar unha vaca que caeu no Deza

Xunto a ela caeron outros 2 animais que xa foron rescatados 

A vaca está preñada de sete meses e enferma de pneumonía

Lugar ata onde puido chegar a vaca tras o intento de rescate
Marta González Salve 15/11/2021 13:54

Continúan os traballos para rescatar unha vaca que desde o pasado venres esta atrapada no Deza tras escapar dunha cerca xunto a outros 2 animais e caer ao río.  

As vacas chegaron a un punto á beira do río Deza escapando dalgún animal. Unha vez aquí, e ante a dificultade de poder seguir adiante, tiráronse á auga.

Conseguiron poñelas a salvo, pero non foi ata o sábado cando puideron rescatar dúas delas.

Peor sorte correu o terceiro animal. Malia os esforzos dos seus propietarios e de todos os veciños que durante a fin de semana intentaron rescatala, o seu estado de saúde non lle dá a forza suficiente para subir o desnivel.

Nin o acondicionamento dun camiño nin o feito de estimulala cunha cuxa foron suficientes para lograr que a vaca, que esta preñada de 7 meses, e moi dorida e asustada, conseguise ter a forza suficiente para subir o desnivel.

Tanto os propietarios coma todos os veciños que están entregados a axudar no rescate decidiron deixala descansar e intentalo hoxe de novo. 

A idea é abrir un camiño cunha pa escavadora que sexa máis doado para que o animal poidas saír sen facer tanto esforzo xa que leva tres noites illada, malia que non lle faltan coidados, como unha cama de palla, unha manta para o frío, herba fresca e auga.

Os propietarios aseguran botar de menos a axuda de organismos como Seprona ou benestar animal  para acelerar o rescate.

Desde o Seprona afirman que este accidente non é da súa competencia por tratarse dun animal privado e de lucro que conta cun seguro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade