Publicador de contidos
Publicador de contidos

Controlado o incendio declarado nun mercante no porto exterior da Coruña

Controlado o incendio declarado nun mercante no porto exterior da Coruña

O carbón que levaba empezou a arder por autocombustión e orixinou unha gran fumareda

G24.gal 02/05/2023 15:29

Os servizos de urxencia conseguiron apagar o incendio declarado nun cargueiro no porto exterior de Punta Lagosteira, na Coruña.

O buque estaba atracado cando o carbón que levaba empezou a arder, por autocombustión, e orixinou unha gran fumareda.

A Autoridade Portuaria activou o plan de autoprotección e os servizos de urxencia conseguiron arrefriar a adega unha hora despois de que comezara a arder.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade