Cargando resultados...
Extinguido o incendio que queimou 20 hectáreas en Riós
Extinguido o incendio que queimou 20 hectáreas en Riós
Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 3 técnicos, 9 axentes, 16 brigadas, 8 motobombas, 6 helicópteros, 2 pas e 6 avións
G24.gal
25/08/2023 09:31
Última actualización 25/08/2023 13:18
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Riós, na parroquia de Fumaces e A Trepa, quedou extinguido ás 12:38 horas.
Segundo as últimas medicións, a superficie afectada foi de 21,37 hectáreas, das cales 12,34 foron de monte raso e os 9,03 restantes de arboredo.
O lume iniciouse ás 16:10 horas deste xove e obrigou a cortar a N-525 e para a súa extinción mobilizáronse tres técnicos, 10 axentes, 16 brigadas, oito motobombas, dúas pas, seis helicópteros e seis avións.