Publicador de contidos
Publicador de contidos

Controlar o móbil da parella, unha actitude común que non é sana nin legal

Controlar o móbil da parella, unha actitude común que non é sana nin legal

Sen consentimento é un delito penado con ata 4 anos de cárcere

G24.gal 05/10/2024 15:30

O 70% dos españois ten acceso ao smartphone da súa parella. E deles a metade recoñece que algunha vez lle le as mensaxes. Pero ainda que nos faciliten a entrada, o propietario debe saber que imos consultar, cando e con que finalidade. Ter un acceso puntual consentido non é unha patente de corso para vixíar e controlar. Estariamos ante unha actitude insana e ilegal, unha violación da intimidade penada con ata 4 anos de prisión.

Nin sequera nos casos menos graves se debe banalizar cunha actitude de control e posesión da parella porque pode abrir o camiño a unha espiral de violencia dixital.

Un caso cada vez máis común é introducir nos dispositivos da parella apps de monitorización e seguimento que mesmo permiten ver os contidos do móbil ou escoitar as conversas. E ainda que pouco común tamén se dan casos máis graves nos que se chega a suplantar a identidade da parella coa intención de destruír o seu círculo afectivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar