Publicador de contidos
Publicador de contidos

A calor e a chuvia favorecen que agromen os cogomelos no inicio da campaña

A calor e a chuvia favorecen que agromen os cogomelos no inicio da campaña

A normativa vixente só permite coller dous quilos por persoa e día

É recomendable saír cunha persoa experta para evitar problemas

G24.gal 06/10/2024 17:22 Última actualización 06/10/2024 17:45

Danse estes días as condicións de humidade e temperatura idóneas para que agromen os cogomelos. Son xa moitas as persoas afeccionadas á micoloxía que se botan ao monte para recoller os mellores froitos do bosque.

Pero cómpre lembrar neste inicio da campaña todos os consellos para saber identificar as distintas especies e evitar intoxicacións. Tamén coñecer a normativa vixente e, sobre todo, o xeito de collelos para non danar o ecosistema.

Provistos dos elementos básicos, José Luis e Juanjo métense na fraga. A chuvia e a calor destas primeiras semanas do outono fan prever unha campaña frutífera.

Unha boa guía ilustrada axuda na identificación dos exemplares. Con todo, antes de saír ao monte cómpre informarse ben e se é posible ir acompañado dunha persoa experta, que saiba como collelos.

Intoxicacións

As intoxicacións danse por inxerir incorrectamente especies comestibles e, sobre todo, por comer variedades tóxicas e velenosas. Por iso é fundamental saber distinguilas, xa que algunhas son case iguais. 

Os comestibles, como os boletus, son os que máis se cobizan, pero non hai que abusar. A lei só permite dous quilos por persoa e día. E a tempada non fixo máis que comezar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade