Publicador de contidos
Publicador de contidos

Correos reforza os seus servizos para facilitar o voto postal

Correos reforza os seus servizos para facilitar o voto postal

Abre oficinas sábado e domingo e amplía o horario entre semana

G24.gal 15/07/2023 14:17 Última actualización 15/07/2023 14:40

A maioría das oficinas de Correos que hai en Galicia, en concreto 150, abriron este sábado entre as nove e as dúas da tarde para facilitar o voto postal.

"Votei por correo porque xustamente marcho de viaxe cando puxeron as eleccións", explica unha electora.

"Ese día tócame traballar, traballo en Santiago e o meu concello é Mos. Entón sáeme mellor votar por correo que ter que desprazarme especialmente por ir votar", conta outro elector.

"Píllame fóra, estou de viaxe", di unha moza logo de emitir o seu voto por correo.

Este domingo seguirán operativos os despachos principais da Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra, e tamén o do concello turístico de Sanxenxo, igualmente en horario de 9 a 14 horas.

"A verdade é que Correos está funcionando de marabilla", asegura un votante.

"Facilísimo, moi sinxelo e moi ben atendidos", resume outro.

"Penso que vou votar máis veces por correo", engade un terceiro.

As localidades que están de festa non quedarán sen servizo. Xa este venres, aínda que foi festivo local en Rianxo, a oficina abriu pola mañá. Tamén abrirán de mañá os despachos dos seis concellos onde é festivo o luns: Arzúa, Camariñas, Ponteceso, As Pontes, Salceda de Caselas e O Grove.

Ademais o horario normal de semana do conxunto das oficinas de correos galegas ampliouse ata as dez da noite.

A solicitude de voto por correo superou marcas históricas no conxunto de España. Dos votantes censados en Galicia, 146.000 pediron o sufraxio por vía postal, tres veces máis que nas últimas xerais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade