Cargando resultados...
Cortadas dúas estradas en Lugo tras afundirse o firme pola chuvia
Cortadas dúas estradas en Lugo tras afundirse o firme pola chuvia
Trátanse das estradas provinciais LU-P-5303 e a LU-P-161
Sinalización nunha das estradas cortadas
G24.gal
09/11/2023 10:12
Última actualización 09/11/2023 12:19
O mércores pola tarde, a estrada provincial de San Clodio ao límite provincial por Torbeo (municipio de Ribas de Sil) sufriu un afundimento do seu firme. Debido a isto, aínda permanece cortada. Segundo informa a Deputación de Lugo, a zona afectada sitúase no quilómetro 5 da estrada.
A isto súmaselle o mesmo acontecemento noutra estrada provincial, a LU-P-161, no quilómetro 12, en San Pedro de Cerceda (O Corgo)
Xa están habilitados desvíos alternativos "debidamente sinalizados", á espera de que rematen os labores de reparación.
O incidente produciuse como consecuencia da incesante chuvia á que leva enfrontándose a comunidade dende hai semanas.