Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cortada unha estrada en Santiago o envorcar e quedar atravesado na vía o camión dunha orquesta

Cortada unha estrada en Santiago o envorcar e quedar atravesado na vía o camión dunha orquesta

Dúas persoas quedaron feridas leves no sinistro, rexistrado na estrada DP-0701, que une Santiago e Carballo

Foron habilitados itinerarios alternativos

G24.gal 11/07/2024 10:57 Última actualización 11/07/2024 14:10

O envorco dun camión dunha orquesta na parroquia de Fecha, en Santiago de Compostela, deixou dúas persoas feridas leves e provocou unha fuga de combustible.

O tráiler, cargado co material du grupo de música, dirixíase a Baio para a sesión vemú cando envorcou e quedou atravesado na vía. 

En concreto, o suceso tivo lugar sobre as 9:40 horas no quilómetro 5 da DP-0701, a estrada que une Santiago de Compostela e Carballo.

Segundo informaron fontes do 112, os servizos de Urxencias Médicas detallaron que hai dúas persoas feridas de carácter leve.

Ademais, a Garda Civil contactou para pedir a presenza dos efectivos de mantemento da estrada para cortar a vía e abrir un camiño alternativo ata que finalicen os labores de limpeza do gasóleo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade