Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reactivado o tráfico ferroviario entre Santiago e Ourense por un incendio en Boborás

Reactivado o tráfico ferroviario entre Santiago e Ourense por un incendio en Boborás

Declaráronse dous incendios no concello este domingo

G24.gal 31/07/2022 18:36 Última actualización 31/07/2022 21:56

O tráfico ferroviario entre Santiago e Ourense quedou reactivado no quilómetro 289 tras ser cortado debido a un incendio activo en Boborás, na parroquia de Xurenzás.

Así o informou a Xunta na conta de Twitter que teñen dispoñible para informar sobre os incendios forestais.

O lume achegouse ás casas

No concello ourensán de Boborás declaráronse dous incendios. Minutos despois de dar por case controlado o lume en Xurenzás, a pouca distancia de alí, no Lugar de Moreiras, comezaron a acercarse as lapas perigosamente ás casas.

Por fortuna, non hai que lamentar danos persoais. A rápida intervención do equipo desprazado en Xurenzás conseguiu frear rapidamente o avance das lapas.

Un sentimento xeneralizado entre os veciños é a desconfianza de que o lume foi intencionado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade