Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cortado o tráfico no enlace da Vía Ártabra e a Nacional VI en Oleiros por unha derruba

Cortado o tráfico no enlace da Vía Ártabra e a Nacional VI en Oleiros por unha derruba

O tramo afectado foi inaugurado hai menos dun ano

G24.gal 04/03/2024 17:32

A derrruba dun muro do enlace da Vía Ártabra e a N-VI no municipio coruñés de Oleiros obrigou a habilitar desvíos no tráfico mentres duren os traballos para a reconstrución desta infraestrutura aberta ao tráfico hai menos dun ano.

O colapso produciuse á altura dun establecemento comercial de produtos de xardinería como consecuencia das intensas choivas das últimas semanas, segundo trasladou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, que engade que non houbo que lamentar danos ás persoas.

O Goberno galego, que prevé terminar os traballos de reconstrución nun prazo de tres meses, informou que, durante este tempo, a incidencia provocará a restrición do tráfico no ramal de incorporación á N-VI desde a Vía Ártabra, cuxos usuarios se verán obrigados a incorporarse en sentido Betanzos (A Coruña) ata o cambio de sentido en Espírito Santo, a uns 1,4 quilómetros.

O Concello de Oleiros pide explicacións

 Pola súa banda, o Concello de Oleiros demandou explicacións á Xunta polo acontecido.

"É incrible que unha obra que se acaba de facer esmoreza desta forma. O de que na Vía Ártabra todo é malo, xa non vale, é peor aínda", manifestou o rexedor de Oleiros, Ángel García Seoane.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade