Publicador de contidos
Publicador de contidos

Restablecido o tráfico no túnel de Folgoso, na A-52, tras o incendio dun vehículo

Restablecido o tráfico no túnel de Folgoso, na A-52, tras o incendio dun vehículo

Un vehículo que ardeu obrigou a pechar o túnel

O incidente provocou retencións quilométricas

Imaxe da cámara da DXT
G24.gal 11/09/2023 20:14 Última actualización 11/09/2023 21:26

O túnel de Folgoso na A-52, a Autovía das Rías Baixas que enlaza Galicia coa meseta a través das provincias de Pontevedra e Ourense, estivo cortado ao tráfico nos dous sentidos. O túnel de Folgoso sitúase á altura do concello da Cañiza.

Segundo informou a Garda Civil de Tráfico, un vehículo avariouse dentro, xa preto da saída en sentido Ourense, e comezou a arder. Afortunadamente non houbo feridos nin atrapados.

Por precaución cortouse o túnel nos dous sentidos, á espera da chegada do persoal de mantemento da vía para comprobar que non houbese danos na infraestrutura e se puidese retomar o tráfico con seguridade. O peche do túnel provocou retencións quilométricas.

Contra as nove da noite o tráfico comezou a restablecerse ata a retirada do vehículo incendiado.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade