Novo corte de tráfico por obras no túnel da Cañiza dende o luns
Novo corte de tráfico por obras no túnel da Cañiza dende o luns
A partir do 21 de outubro pecharase en sentido Ourense durante seis días e dende o xoves 24 en dirección Vigo ata o sábado 26
Dende as 9 horas do 21 de outubro volven as obras ao túnel do Folgoso, na autovía Vigo-Ourense. Uns traballos que durante 6 días obrigarán a realizar cortes alternos en ambos sentidos de circulación, que teñen como obxectivo reparar os danos provocados polos temporais e por un incendio que afectou a estrutura. Entre os días 21 e 23 cortarase o túnel en sentido Ourense e xa do 24 ao 26 en dirección a Vigo.
As obras convertéronse nunha constante neste punto da A-52. Desvíos, carrís pechados, atascos que acaban coa paciencia dos usuarios.
Para intentar regular o tráfico, abriranse desvíos alternativos en sentido Vigo e Ourense a través das estradas N-120 e 559, co conseguinte trastorno, sobre todo para os transportistas.
Os milleiros de usuarios que dependen a diario desta autovía agardan que con esta reparación se acabe cuns cortes que parecen non ter fin.