Cortan a conexión coa ponte das Pías en Ferrol desde o barrio Esteiro por unhas obras
Cortan a conexión coa ponte das Pías en Ferrol desde o barrio Esteiro por unhas obras
Temen que o novo peche de tráfico provoque atascos e atrasos nos traxectos dos buses
Desde este venres está cortada a conexión coas Pías desde Esteiro, por mor destas obras de humanización da cidade de Ferrol. Un novo peche que, segundo os veciños do barrio de Caranza, vai agravar os problemas do tráfico.
Din que moitos dos vehículos que circulaban por ese ramal, agora vanse desviar polo centro do barrio do seu barrio e temen que haxa accidentes, atascos e mesmo atrasos nos traxectos dos buses.
Así que esixen medidas, entre elas, que se pinten as paradas do autobús fronte ao centro de saúde e a Casa do Deporte, e tamén os pasos de peóns.
As obras, que van converter a avenida das Pías nun bulevar e que van unir os barrios de Caranza, O Bertón, Ultramar, O Inferniño e Recimil, vanse prolongar, polo menos, ata o mes de maio do ano que vén.