Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cortan unha estrada por desprendementos que xa anunciaron os veciños

Cortan unha estrada por desprendementos que xa anunciaron os veciños

A vella ponte non puido soportar os camións de gran tonelaxe en Vilaza

G24.gal 28/04/2022 14:14

Desde 2018 levaban os veciños do barrio do Río en Vilaza en Gondomar alertaron de que a vetusta ponte sobre o Zamáns non ía aguantar o tránsito constante de camións con pedra cara a un pazo próximo, pero segundo eles o concello non fixo nada.

Esta semana a ponte perdeu os gardamedos e rexistrou desprendementos polo que o concello se víu na obriga de cortar o vial.

A presión do tráfico pesado tamén colapsou unha vella levada e deixou o conxunto de muíños sen auga. 

O veciños deben dar unha volta de máis de tres quilómetros e lamentan que ninguén lles fixese caso malia ter denunciado reiteradas veces no Concello, en Augas de Galicia, en Patrimonio e mesmo no Valedor do Pobo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade