Corte de tráfico na A-6 polas obras de reforzo dos viadutos de Trabadelo
Corte de tráfico na A-6 polas obras de reforzo dos viadutos de Trabadelo
O corte parcial afecta a un treito de algo máis de dous quilómetros
As obras de Trabadelo e O Castro dificultan a circulación pola A-6
A nova obra para reformar o viaduto de Trabadelo, que se suma aos desvíos habilitados para a reconstrución da ponte do Castro, complica aínda máis a circulación na conexión entre Castela e León e Galicia pola autovía do Noroeste.
Para executar os traballos, o Ministerio de Transportes cortou o tráfico na calzada sentido A Coruña nun treito de algo máis de dous quilómetros. Os condutores son desviados por un dos dous carrís que levan cara a Madrid. Esta solución bidireccional, din, aminora o tráfico.
E o que é peor, din que xa se achega o inverno e as obras non avanzan ao ritmo que quixeran. Estas obras en Trabadelo contan cun investimento superior aos dous millóns de euros.
Buscan, sobre todo, reforzar a estrutura da ponte, xa que os técnicos detectaran diversas deficiencias precisamente poucos días despois da caída, hai xa mais dun ano, do viaduto do Castro, situado a poucos quilómetros.