Corte de tráfico por obras na AP-9 en Santiago
Corte de tráfico por obras na AP-9 en Santiago
O tramo afectado é o de conexión co aeroporto e cos polígonos industriais
Un tramo de conexión da autoestrada AP-9 co enlace para o aeroporto e os polígonos industriais contiguos en Santiago de Compostela serán obxecto dun "corte total simultáneo do tráfico" en horas nocturnas do mércores ao xoves, anuncia o Ministerio de Transportes.
O corte afectará "ambas as calzadas" da AP-9 entre os quilómetros 55, de acceso á localidade de Sigüeiro, e 67, da saída norte de Santiago de Compostela, precisa. Engade que a interrupción do tráfico será das 22:00 horas deste mércores 26 de outubro ata as 6:00 horas do xoves 27 de outubro.
Durante ese período, as autoridades reforzarán a sinalización vertical de obra co apoio dos paneis de sinalización existentes e carteis informativos nos puntos inmediatos á saída da autoestrada.
As obras prevén levar a cabo o "formigonado da laxa da segunda das dúas estruturas mixtas que conforman a glorieta sobre a AP-9" no quilómetro 64,5 como parte dun proxecto para mellorar os accesos da cidade coñecida como "orbital".