Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cosmética natural feita con mel de Galicia

Cosmética natural feita con mel de Galicia

A Agrupación Apícola de Galicia presenta en Barcelona a súa liña Belacolmea

O mel favorece a hidratación, a elasticidade e a recuperación da pel.

G24.gal 25/09/2023 18:57 Última actualización 25/09/2023 19:54

Avalada polas investigacións da Universidade de Vigo, a Agrupación Apícola de Galicia acaba de presentar a súa liña cosmética nun congreso internacional de Barcelona. Os estudos realizados con sesenta voluntarios demostran que o mel, combinado cos aceites esenciais, funciona como hidratante natural e que favorece a elasticidade á pel.

Esther Ordóñez, veterinaria da Agrupación Apícola de Galicia: "Probáronse en idades novas e xente maior. Tamén detectamos que van moi ben para a xente con alerxias, psoríase... porque recuperan moi ben a pel".

E non só o mel. Tamén aproveitan a cera e a própole.

"Por exemplo, temos o xabón, que leva própole, que é boa para o acné", explica Esther.

Un novo nicho de mercado co que pretenden ampliar as opcións dos apicultores, ameazados por múltiples inimigos, desde o cambio climático á avespa asiática ou a varroa.

Eva Seijo Muras, Bióloga e apicultora: "Para nós, que ás veces temos problemas coa produción, é un complemento, cousas novas que ofrecerlles aos clientes".

Teñen oito produtos diferentes, desde bálsamos labiais e xabóns ou cremas corporais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade