Publicador de contidos
Publicador de contidos

Crean o primeiro xeado elaborado con viño da Ribeira Sacra

Crean o primeiro xeado elaborado con viño da Ribeira Sacra

A mencía do viño achega o toque doce e a garnacha a cor e a intensidade 

Quixeron poñer en valor os produtos da zona 

 

 

G24.gal 04/07/2023 20:51 Última actualización 04/07/2023 21:13

Montse mestura os ingredientes cuxo protagonista principal é o viño.

Neste obradoiro de Taboada levan só uns días preparando o que é o primeiro xeado feito con viño elaborado na Ribeira Sacra.

A cor das castes mencía e garnacha é notoria no xeado e tamén no sabor se ve reflictida.

A aposta vén motivada polo desexo de aproveitar os produtos e sabores que ofrece a comarca para elaborar os xeados.

Para que o xeado sexa o mellor posible, tamén debe selo o viño. Por iso, optaron por empregar o que sae destes viñedos da beira do Miño, que presenta as características de frescor e estrutura que mellor combinan co resto de ingredientes.

Tamén influiu o feito de tratarse de dúas empresas pequenas que apostan pola calidade e a artesanía alimentaria.

O xeado estará dispoñible os vindeiros días nas tendas que a empresa ten no camiño de Santiago. E é que xa di o refrán que o bo viño resucita o peregrino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade