Publicador de contidos
Publicador de contidos

Crean unha plataforma para pedir novos e urxentes amarres no peirao en Corcubión

Crean unha plataforma para pedir novos e urxentes amarres no peirao en Corcubión

Nas últimas semanas varias embarcacións foron á deriva

Busca acelerar a tramitación do proxecto do novo peirao ante as últimas incidencias 

G24.gal 02/11/2022 17:25 Última actualización 02/11/2022 18:00

En Corcubión, os danos sufridos no porto estes días por dúas embarcacións levaron á creación dunha plataforma para que se instalen novos amarres. Deste xeito buscan presionar para tentar axilizar a tramitación do proxecto do peirao que leva anos solicitándose.

Aseguran que é indispensable para manter a seguridade das embarcacións de recreo como a que ía á deriva esta pasada fin de semana. A plataforma conta co apoio da confraría de pescadores e do club náutico Carrumeiro da localidade.

En Corcubión hai anos que demandan unha reforma do peirao, porque moitas embarcacións están amarradas aos mortos fondeados preto do peirao ou nas praias. Algúns propietarios destes barcos acaban de crear unha plataforma. 

A intención da plataforma é presionar para tentar axilizar a tramitación do proxecto de reforma do porto, co fin de mellorar as prestacións e a seguridade, que tamén quere a confraría.

Segundo a confraría de pescadores, a administración traballa no estudo de impacto ambiental, e un dos últimos pasos levados a cabo foi a colocación dos sensores de medicións. 

Os continuos episodios de barcos á deriva urxen unha aceleración do proxecto do novo peirao, que, segundo os afectados, traería un pulo económico a toda a comarca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade