Publicador de contidos
Publicador de contidos

A creatividade científica e a sostibilidade son os temas centrais de Galiciencia

A creatividade científica e a sostibilidade son os temas centrais de Galiciencia

Os escolares presentan 90 proxectos sostibles e de Economía circular

G24.gal 11/05/2022 21:48

San Cibrao das Viñas acolle a maior feira científica de Galicia no ámbito escolar. Os 90 proxectos responden á mesma temática: a economía circular. E a un obxectivo concreto: concienciar a xuventude de que se pode producir e consumir de xeito sostible e responsable co medio ambiente.

Iria e Irene, dúas participantes, pensaron que sería boa idea mover coches de xoguete mediante ondas cerebrais. Ambas explican o funcionamento do trebello e aseguran que serviría para motivar, por exemplo, a nenos con déficit de atención.

Arturo estuda 4.º da ESO e presenta en Galiciencia un robot regador. Di que detecta a humidade ambiental e leva incorporada unha cámara para manipulalo a distancia. Considera Arturo que é unha versión mellorada do clásico aspersor porque o seu pode moverse e gasta só a auga xusta, nin unha gota de máis.

Coa ciencia, din, hai que buscar problemas e intentar solucionalos. Por iso moitos dos proxectos están relacionados coas vivencias máis recentes como a biodegradación das máscaras ou unha ventá calefactora.

Se están interesados, Galiciencia está en Ourense ata o venres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade