Publicador de contidos
Publicador de contidos

Crece a demanda de pazos na Ribeira Sacra

Crece a demanda de pazos na Ribeira Sacra

Xunto coas zonas costeiras, é a localización que esperta máis interese entre os potenciais compradores

Dos 900 pazos catalogados en Galicia, 260 están á venda

Pazo á venda en Amoeiro
G24.gal 22/08/2022 20:52

A cifra de pazos en venda en Galicia crece ano a ano. Vai xa por 260, 60 máis que en 2021.

Benito Iglesias, presidente da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias: "Porque a moitas familias, que xa son de terceira ou cuarta xeración, suponlles un custo moi elevado, o mantemento e a viabilidade deste tipo de edificacións, así que a moitas non lles queda máis remedio que poñelos no mercado".

Crece tamén a demanda. Especialmente desde a pandemia. Arredor dunha ducia de vendas en pouco máis dun ano. O principal reclamo é a situación: zonas costeiras e a Ribeira Sacra. "Os fondos europeos e as axudas á rehabilitación, que este ano son as máis elevadas desde que hai rexistros, tamén supoñen un tirón importante", aclara Iglesias.

Prezos

Os prezos móvense nun abano de 1 a 3 millóns de euros de media, pero tamén hai gangas, coma na Peroxa, Ribeira Sacra, por 125.000 euros. Pero hai que ter en conta non só os custos da rehabilitación, senón tamén trámites burocráticos que implican, especialmente os que están catalogados como Ben de Interese Cultural.

Benito Iglesias, presidente da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias: "Mentres que no Porto calquera edificación para rehabilitar obtén a licenza en menos de 30 días, aquí, en calquera concello de Galicia, tarda unha media de dous anos".

Do norte de Europa, Madrid e norte de Portugal proceden, segundo os datos das inmobiliarias, os compradores máis habituais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade