Publicador de contidos
Publicador de contidos

Crían en Xove dous bois de 2.000 quilos cada un

Crían en Xove dous bois de 2.000 quilos cada un

Saen a pacer todos os días e complementan a ración con cereais

Teñen sete e oito anos e xa están listos para a venda

G24.gal 04/09/2023 14:00

Mansos, obedientes e, sobre todo, ben mantidos. Son Más e Brillante, dous bois criados no lugar de Carballás, en Xove. O seu propietario castrounos ao pouco de naceren e xa perdeu a conta do cereal e a herba que comeron. Pero ten que ser moito, xa que entre os dous suman máis de catro toneladas de peso.

Más, o branco, ten sete anos e é resultado dun cruzamento de rubia galega con blonda de Aquitania. Brillante ten oito anos e é de raza pura galega. Aínda que non están emparentados, conviven á perfección grazas, sobre todo, ao bo manexo que fai o dono.

Xosé, coñecido como Pepe do Chacino, foi mariñeiro, traballou en Alcoa e tivo unha carnicería, entre outros oficios. Pero a súa paixón sempre foi o gando e xa pensa en cebar máis bois.

Pepe xa recibiu ofertas por estes animais, pero aínda non decidiu a súa venda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade