O sector da Tenreira Galega Suprema continúa coa folga de entrega de animais
O sector da Tenreira Galega Suprema continúa coa folga de entrega de animais
Reclaman uns prezos dignos porque aseguran que cobran 5,6 euros por quilo e o consumidor paga unha media de 13
Esixir Tenreira Galega Suprema é un xeito de apoiar a folga de entrega de animais que están facendo os gandeiros que producen os xatos de xeito tradicional, deixando que os becerros mamen ata os dez meses.
O problema para seguir con este método de cría está, segundo denuncian, en que os produtores pagan menos de seis euros por quilo, mentres o público paga unha media de trece euros.
A Asociación Gandeiros Galegos da Suprema, entidade que reúne a máis de 500 produtoras e produtoras,
Con sete anos Camen xa ten claro que de maior quere manter a explotación de rubia galega tal e como fai seu pai, dun xeito completamente tradicional, permitindo que os becerros chuchen nas nais ata que aos dez meses vaian para o matadoiro, animais criados ceibos e cun benestar absoluto.
Pero o problema é que de seguir así as cousas Carmen non vai poder vivir disto porque as contas non dan, xa que o que pagan aos produtores apenas dá para cubrir gastos.
Non queren que os consumidores finais paguen máis, senón que os intermediarios non queden con tanto.
Queren que todos os produtores, sexan de suprema ou non, se unan a eles, para poder premer así á industria da distribución. De feito teñen o apio da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (ACRUGA).
Con xenreira e pena, porque de seguir así as cousas a súa filla non poderá ser gandeira coma el, Fran comenta que moitas veces pagan por estes tenreiros menos do que pagan polos dos cebadeiros, co cal estase acabando con modo de cría natural e ancestral e que dá orixe á carne que os expertos cualifican como a mellor do mundo.