Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector pesqueiro teme o amarre total da frota pola crise

O sector pesqueiro teme o amarre total da frota pola crise

As confrarías din que non cobren os gastos cando saen traballar

G24.gal 26/06/2022 13:50 Última actualización 26/06/2022 14:01

Non son ameazas, simplemente explican o que vai pasar se non cambia a situación.
A frota amarrada é o único escenario que ven posible de seguir así.

En resumo, co desconto actual de 20 céntimos xa aplicado, pagan por litro de combustible entre un euro e un con dez céntimos, e para que a pesca sexa viable o máximo que poderían gastar sería 70 céntimos por litro.

Na reunión que solicitan co Ministerio as confrarías van ofrecer dúas posibles solucións: ou ben poñerlle un tope ao prezo do gasóleo ou ben que se incremente a bonificación dos 20 céntimos por litro.

Na reunión que mantiveron onte entre as confrarías todas concordaron así non se pode seguir.

No Mediterráneo, en Garrucha e Santa Pola, xa hai barcos que non saen ao mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade