Cruzamento de denuncias urbanísticas no Grove
Cruzamento de denuncias urbanísticas no Grove
O propietario dun restaurante di que o do hotel abriu malia o precinto
Efrén acumula documentos xudiciais que, segundo di, obrigan o propietario do Hotel Don Mexilón a derrubar parte do inmoble e a mantelo pechado porque foi precintado e non ten a licenza en regra. Porén, o establecemento reabriu polo San Xoán e xa non volveu pechar.
O precinto debeuse segundo di a unha infracción urbanística que obrigaba os propietarios do hotel a botar abaixo parte do inmoble, cousa que non fixeron.
Pola súa banda, o propietario do hotel di que o precinto e a orde de derruba xa prescribiron e que a licenza está en trámite.
O propietario do hotel fala da inquina e do resentimento do denunciante, ao que a súa familia tamén denunciou porque o restaurante que rexentaban tampouco se axustaba á legalidade, segundo di.