Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cuarta edición de Estrelas Solidarias no Camiño

Cuarta edición de Estrelas Solidarias no Camiño

Participan 27 chefs de toda España que suman 69 estrelas Michelin

A pescada de Celeiro é a protagonista desta edición

O que se recade vai nesta edición para o colectivo Compostela Esclerosis Múltiple

G24.gal 01/08/2022 15:09

A xuntanza de cociñeiros que organizan desde hai 4 anos os irmáns Rial no seu restaurante de Negreira é un encontro único da gastronomía de primeiro nivel en Galicia. Este ano, coa pescada de Celeiro como protagonista, a reunión acada o seu máximo nivel de asistentes e de estrelas: 27 chefs de toda España que suman 69 estrelas Michelin.

Arzak, Lucía Freitas, Pedro Subijana, Marcelo Tejedor ou Martín Berasategui son algúns dos cociñeiros participantes neste Estrelas Solidarias no Camiño, que dará de comer pescada do pincho a máis de 400 persoas... E todos están de acordo en que non hai base mellor para cociñar que o produto galego.

Nesta ocasión o que se recade vai para o colectivo Compostela Esclerosis Múltiple.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar