Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cuestionan a seguridade na N-541 tras o informe dunha plataforma cidadá

Cuestionan a seguridade na N-541 tras o informe dunha plataforma cidadá

As barreiras de protección ou o propio asfalto non se correponderían co tráfico que soporta esta estrada 

O delegado do Goberno pide que se deixe traballar os responsables da investigación oficial 

G24.gal 20/02/2023 14:39 Última actualización 20/02/2023 14:55

As medidas de seguridade, como barreiras de protección ou o propio asfalto, da nacional 541 non se corresponderían co tráfico que soporta esta estrada. Iso apunta un informe dunha plataforma cidadá que sinala que as consecuencias do accidente de Noiteboa se puideron evitar.

"O sistema de contención que había na ponte non é un H2 nin H3, penso que como moito é nivel 1. Se houbese un sistema H2 podería ser que se protexese un autobús", explica Juan Carlos Toribio, da Unión Internacional para a Defensa dos Motociclistas.

O delegado do Goberno pediu que se deixe traballar os responsables da investigación oficial con todos os datos.

"Cando teñamos o resultado do informe oficial, farémolo público e se acometerán as melloras se son necesarias", detallou José Miñones.

Sete alcaldes de concellos por onde pasa a estrada reclaman melloras na vía con urxencia. 

"Na ponte de Pedre hai que valorar facer unha actuación completa para mellorar a seguridade sobre todo das proteccións os pavimentos e os enlaces", destacou Jorge Cubela, Alcalde de Cerdedo-Cotobade.

No sinistro do autobús que facía o percorrido Lugo-Pontevedra perderon a vida sete persoas.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar