Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aniversario moi doce na Coruña

Aniversario moi doce na Coruña

Fai 90 anos o empresario que converteu os churros nun dos sinais de identidade da cidade

G24.gal 07/12/2022 14:01

Cada vez son menos os locais con encanto que quedan nas cidades e por iso cando algún deles fai anos xa é motivo dabondo para celebralo. E máis aínda se a data coincide co aniversario do que todos chaman o seu capitán.

César cumpre hoxe 90 anos, os mesmos que leva funcionando a empresa que fundou o seu pai en Ferrol, alá polo ano 32. Dezasete anos despois trasladouse á Coruña. E dende o ano 58 ocupa un céntrico local coruñés que conseguiu facer dos churros o seu sinal de identidade.

E todo cunha fórmula sinxela, a base de auga, fariña, sal e aceite de oliva. Hai clientes que levan máis de 50 anos sen faltar a diario á súa cita.

E non só engancha os coruñeses. Tamén hai turistas que repiten.

Para César o segredo do éxito non é outro que o traballo. Un traballo que tamén fixo que as súas patacas fritas, outro dos sinais de identidade da casa, xa conseguisen dar a volta ao mundo e hoxe estean presentes en máis dunha vintena de países.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar