Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ficción para concienciar condutores de non compartiren a localización dos controis de tráfico co móbil

Ficción para concienciar condutores de non compartiren a localización dos controis de tráfico co móbil

Cambia o horizonte é unha campaña de concienciación dunha produtora de Maceda

Axentes de tráfico forman parte do elenco das tres ficcións que se poden ver en Youtube

Fotograma dunha das tres curtas de O Faiado Producións de Maceda
G24.gal 03/07/2023 14:53

Tres curtas de ficción e tres casos que a Garda Civil de Tráfico topa decote nas estradas. Os compañeiros de O Faiado Producións, sen ánimo de lucro, tiveron a idea. Ao consultala coa Dirección Xeral de Tráfico, encontraron toda a colaboración posible para as gravacións, que localizaron no concello de Maceda, de onde son eles, co trasfondo do alcol e outras drogas.

"Déronlle o OK en Madrid, pareceulles moi interesante. Por iso houbo esa implicación. Neste caso, os axentes non son figurantes, son axentes reais", conta Alberto Outeiriño, director e guionista das curtas.

Para o Tenente coronel Antonio Hidalgo, xefe do sector de Tráfico de Galicia, as curtas non son ficción senón a realidade mesma.

As curtas Non sexas cómplice, Quen o avisou e Non sabes a quen axudas chegaron a arrincar bágoas na presentación ao público. Pero o seu obxectivo real, penduradas en aberto en Youtube, é concienciar os condutores da importancia de non avisar dos controis policiais nas estradas co obxecto de eludir unha sanción. As consecuencias, segundo relata Hidalgo, poden ser máis graves que a multa.

"Poden roubarlle a un a casa, poden roubar un banco e un mesmo está avisando ao que lle vai roubar".

"Ás veces pensamos que o facemos colaborativamente con boa intención, e neste caso a ficción demostra que son casualidades que poden chegar a pasar", para Outeiriño.

O certo é que este tipo de alertas en tempo real fixeron variar o modus operandi dos controis de tráfico, que antes duraban dúas ou tres horas e agora cómpre cambiar cada media hora, ao facerse pública axiña a súa localización. Din que os grupos formados poden chegar ata mil membros e élles case imposible loitar contra este intercambio de información. 

O Faiado Produción faixo as curtas de xeito altruísta porque din que só intentan cambiar actitudes para salvar vidas nas estradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade