Publicador de contidos
Publicador de contidos

Día grande do cocido en Lalín, con desfile entroideiro na rúa e cacheira no prato

Día grande do cocido en Lalín, con desfile entroideiro na rúa e cacheira no prato

A calidade gastronómica galega é un dos factores do éxito turístico
 

G24.gal 12/02/2023 21:03 Última actualización 12/02/2023 21:26

A quincuaxésima edición da feira do cocido de Lalín volve celebrarse no mes de febreiro, pasadas as restricións sanitarias. O calendario de actos volveu tamén ao habitual con pasacalles, desfile de carrozas e visita ao mercado.

Entre as novidades, a presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, por primeira vez na condición de xefe do Goberno galego. Rueda enxalza a calidade gastronómica como un dos factores do éxito turístico de Galicia.

Entre os sete novos ingresos na Encomenda do Cocido estiveron Xosé Antonio Touriñán -que mesmo a comparou cos premios Goya-, e Noelia Rei, presentadora desta canle. O pregoeiro da feira foi o xornalista José Ribagorda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade