Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dúas persoas escalan pola Torre de San Sadurniño, en Cambados

Dúas persoas escalan pola Torre de San Sadurniño, en Cambados

Sae á luz pouco despois de que se viralizara o vídeo dun home escalando polas esculturas da Porta Santa da Catedral de Santiago

A Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego alerta do efecto chamada deste tipo de accións

G24.gal 06/07/2023 14:20

Dúas persoas escalan pola Torre de San Sadurniño, un dos maiores tesouros do patrimonio de Cambados, segundo se pode ver nun vídeo publicado nas redes sociais.

Non é un feito illado, as condutas incívicas deste tipo son cada vez máis comúns. Na Asociación para a defensa do patrimonio cultural galego cren que isto se debe, fundamentalmente, a unha razón.

"Penso que son as redes sociais, tanto desde o punto de vista da imitación como da satisfacción que producen eses cinco minutos de gloria nas redes sociais", di Javier Montero, vicepresidente da Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego

Este tipo de condutas aumenta polo efecto chamada, aínda que, polo xeral, os cidadáns rexeitan os ataques contra o patrimonio.

Desde a Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego din que se poden tomar medidas disuasorias, pero pensan que a solución é complicada.

"O que podemos facer é seguir traballando polo respecto e por valorizar o patrimonio e que a xente comprenda que é unha cousa irreversible. É un problema moitísimo máis complexo do que é poñer un cartel de prohibido subir"advirte o vicepresidente da Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego.

As imaxes deste ataque ao patrimonio en Cambados saen á luz pouco despois de que se viralizara o vídeo dun home escalando polas esculturas da Porta Santa da Catedral de Santiago e de que se rexistraran outras accións deste tipo na zona monumental compostelá, como pintadas, merendas o mesmo a instalación dunta tenda de campaña na praza do Obradoiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade