Publicador de contidos
Publicador de contidos

Danos en cinco coches aparcados polo impacto doutro en circulación na Coruña

Danos en cinco coches aparcados polo impacto doutro en circulación na Coruña

A condutora, unha muller de trinta anos que deu negativo en alcol e drogas, púxose nerviosa e acabou deténdose uns metros máis adiante

Imaxe deste xoves no lugar do accidente, a ronda de Outeiro, na Coruña
G24.gal 04/07/2024 13:16

A Policía Local da Coruña leva as dilixencias relacionadas cun sinistro de tráfico que deixou un panorama de danos e restos de carrocería ao longo de varios metros.

Cinco vehículos aparcados nesta zona da ronda de Outeiro sufriron danos de importancia. Contra eles foi batendo un coche en tránsito por esta rúa a noite pasada.

A condutora, unha muller de trinta anos que deu negativo en alcol e drogas, púxose nerviosa e acabou deténdose uns metros máis adiante.

A media mañá deste xoves tres dos turismos estragados permanecían no lugar do impacto, delimitado por unha cinta da pola Policía Local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar