Publicador de contidos
Publicador de contidos

Darias fai un chamamento á tranquilidade fronte á variante silenciosa da ómicron

Darias fai un chamamento á tranquilidade fronte á variante silenciosa da ómicron

Dixo que se comporta, polo momento, de maneira semellante á primeira ómicron

G24.gal 27/01/2022 16:50

A ministra de Sanidade tranquiliza no Congreso sobre a chamada variante silenciosa da ómicron. Carolina Darias di que o comportamento sería semellante ao da primeira ómicron, a dominante en España. É o que conclúen os primeiros estudos, e por iso a ministra apela á cautela.  

"Está incipiente, comezando en Dinamarca, algo na India e un pouco en Suecia. Ata agora, a información que temos, con toda a prudencia, é que se comporta polo menos semellantemente á AB1. Dígoo con toda a prudencia, porque aínda está sendo obxecto de avaliación", asegurou a ministra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade