David Peláez: "Son un namorado da xuventude, pero sei a que liga veño"
David Peláez: "Son un namorado da xuventude, pero sei a que liga veño"
O orzamento do Lugo será duns 2,5 millóns de euros para o equipo e corpo técnico
O novo director deportivo do C. D. Lugo, David Peláez, explicou na súa presentación que o orzamento que manexará o equipo galego na súa primeira tempada tras o descenso a Primeira Federación, uns 2,5 millóns de euros para o plantel e corpo técnico, segundo a estimación do presidente do club, permitiralles afrontar o mercado con ambición
"O orzamento fainos ser ambiciosos no mercado. A partir de aí, temos que traballar moito porque no fútbol o diñeiro non o é todo", advertiu na súa comparecencia no Anxo Carro, onde estivo acompañado polo mandatario do Lugo, Tino Saqués.
Unha das súas primeiras tarefas será a contratación do adestrador que tentará levar de volta ao Lugo ao fútbol profesional:
"Estamos a avanzar no tema do adestrador, de xeito conxunto co presidente. O adestrador vai ser consciente dos xogadores que van vir e traballaremos en consonancia", sostivo Peláez, que espera pechar pronto tanto o técnico como as primeiras fichaxes.
Esta é a súa proposta de xogo e os seus gustos:
"Son un namorado da xuventude, pero sei a que liga veño. Buscamos equilibrio".
"Gústame o mercado portugués".
O adestrador saínte, Íñigo Vélez, foi incorporado pola Ponferradina, equipo que tamén sufriu o descenso a Primeira Federación, e o presidente do Lugo, Tino Saqués, explicou a polémica que xerou o anuncio da súa contratación por parte do cadro berciano.
"Axendamos unha reunión (con Vélez e o seu representante) para o sábado e hora e media despois díxollenos que ía asinar coa Ponferradina. Lea (coa Ponferradina), non hai, pero as cousas hai que comunicalas cun criterio, non unilateralmente. Non hai máis lea que ese", manifestou.