Publicador de contidos
Publicador de contidos

De Mozambique a Ourense para formarse como anestesista

De Mozambique a Ourense para formarse como anestesista

Unha médica residente estivo seis meses aprendendo diferentes técnicas no CHUO grazas a un programa de intercambio formativo da Axencia Española de Cooperación Internacional

Alcinda Matusse no quirófano do CHUO
G24.gal 27/03/2024 14:51

Chegou ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense hai seis meses como médico residente. Alcinda Matusse buscaba completar a súa formación como especialista en anestesioloxía. Durante este tempo aprendeu todo tipo de técnicas, moitas delas novidosas no seu país como as intervencións da Unidade da Dor.

É o segundo médico africano que completa a súa formación en Ourense grazas o programa de intercambios da Axencia Española de Cooperación Internacional en colaboración coa Fundación CSAI. A primeira en anestesioloxía, unha especialidade con moi poucos facultativos en Mozambique, tan só uns 60 para 30 millóns de habitantes. Só no CHUO, onde se formou, hai 40. Agora regresa ao seu país coa idea de pór en practica e espallar o aprendido aquí.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade