Declaran Ben de Interese Cultural o conxunto parroquial de San Martiño de Barcia de Mera
Declaran Ben de Interese Cultural o conxunto parroquial de San Martiño de Barcia de Mera
O conxunto é unha "mostra excepcional" da arquitectura da diocese de Tui dos séculos XVI e XVII
A Xunta aprobou este xoves a declaración de Ben de Interese Cultural do conxunto parroquial de San Martiño de Barcia de Mera, en Covelo.
O conxunto é unha "mostra excepcional" da arquitectura da diocese de Tui dos séculos XVI e XVII e, por extensión, da arquitectura barroca desenvolvida no medio rural galego.
Con este, declaráronse xa 107 bens de Interese Cultural desde a entrada en vigor da Lei de patrimonio cultural de 2016, o que supón que Galicia ten na actualidade un total de 781.
No ámbito da protección do patrimonio cultural, a Xunta tamén impulsará este verán un plan de 40 intervencións arqueolóxicas por xacementos de toda Galicia, cun investimento de 850.000 euros.
Na provincia da Coruña actuarase en seis espazos, en Lugo en 14; en Ourense en 12, e en Pontevedra en sete.