Publicador de contidos
Publicador de contidos

Defensa non recibiu petición formal saudita sobre Telefónica, a pesar do seu papel fundamental

Defensa non recibiu petición formal saudita sobre Telefónica, a pesar do seu papel fundamental

Telefónica é unha compañía que "está a xestionar intereses estratéxicos da defensa nacional"

G24.gal 11/09/2023 14:10

A ministra de Defensa en funcións, Margarita Robles, afirmou que descoñece os termos e as condicións en que STC Group quere adquirir un 9,9 % de Telefónica, xa que a petición "formalmente" non lles chegou e o Ministerio de Defensa, malia ter un "papel fundamental" neste asunto.

A inmensa maioría das actividades que se realizan en Defensa son con Telefónica" e engadiu, polo tanto, que Telefónica é unha compañía que "está a xestionar intereses estratéxicos da defensa nacional".

Neste contexto, afirmou que se procederá a aplicar a norma e estudar con todo rigor e seriedade esta adquisición e en que condicións pretende materializarse xa que a prioridade absoluta é a seguridade e a defensa nacional.

A solicitude está na páxina web de Defensa 

O artigo 18 da nova lei de investimentos estranxeiros, que entrou en vigor o pasado 4 de xullo, recolle que os investidores foráneos que compren máis do 5 % de empresas vinculadas ás Forzas Armadas españolas, como é o caso de Telefónica, e non renuncien ao seu dereito a voto, terán que solicitar a autorización do ministerio.

Mediante a solicitude, que está dispoñible na páxina web do propio ministerio, a compañía saudita entregará a copia legalizada do contrato de compravenda, así como a descrición detallada da operación de investimento que se pretende realizar e os obxectivos do investimento, e plans e medios para conseguilos.

Concretamente, STC deberá explicar a Defensa os obxectivos do seu investimento, o seu plan de negocio sobre Telefónica e as filiais da compañía, os medios que achegará para conseguilo e a evolución de centros de traballo e empregos.

Ademais, tamén terá que achegar un gráfico coa cadea de accionistas da compañía de telecomunicacións española antes e despois do seu investimento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade