Deixan en liberdade un veciño de Sanxenxo detido por colgar supostamente titoriais manipulando explosivos

Efectivos policiais atoparon no seu domicilio diversos efectos que servirían para a fabricación de artefactos explosivos, entre eles, percutores
Axentes da Garda Civil detiveron nas últimas horas a un veciño da localidade pontevedresa de Sanxenxo, ao que lle interviñeron material para fabricar artefactos explosivos e que supostamente colgaba vídeos tutoriais en Internet manipulando esas sustancias.
A detención tivo lugar no marco dun operativo desenvolvido por efectivos da Benemérita, e que ten ramificacións tamén en Navarra. No caso do detido en Sanxenxo, os efectivos policiais atoparon no seu domicilio diversos efectos que servirían para a fabricación de artefactos explosivos, entre eles, percutores.
O rexistro foi autorizado polo xulgado de instrución 4 de Cambados e o detido quedou libre en sede policial, polo que non foi posto a disposición xudicial, segundo confirmaron fontes do TSXG. O sospeitoso será citado polo xulgado para declarar por un suposto delito de tenza ou depósito de explosivos.