Dentes de dragón, o novo sinal de tráfico para reducir velocidade
Dentes de dragón, o novo sinal de tráfico para reducir velocidade
A DXT está a probala experimentalmente en Cuntis e Caldas
Os triángulos pintados no carril fan un efecto óptico de estreitamento
Que farían vostedes se, de repente, atopan uns triángulos pintados na estrada?
"Supóño que baixaría velocidade porque entendo que entro nun sitio de perigo, de ir a 50", explica un veciño.
Ningún vira antes o sinal pero todos acertan. A idea é que levanten o pé de acelerador ao ter a ilusión óptica de que os dentes do dragón estreitan o carril. A DXT está a probala de xeito experimental nalgúns tramos da N640. Aínda non está na normativa, pero xa logrou espertar a curiosidade entre os veciños de Caldas e Cuntis.
"Vina o outro día e chamoume a atención, agora vexo no xornal a función, paréceme ben para ir con máis precaución", di un veciño.
Ademais dos dentes de dragón, a DXT está a probar na zona as liñas de bordo quebrado. Un zigzag branco nos laterais do carril que avisa o condutor da proximidade dun paso de peóns.