Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian ilegalidades nas sancións de Tráfico por exceso de velocidade

Denuncian ilegalidades nas sancións de Tráfico por exceso de velocidade

A asociación Automobilistas Europeos acusa a DXT de non aplicar a marxe de erro dos radares

Esa marxe é do 5% no caso dos radares fixos e do 7% nos móbiles

G24.gal 24/07/2023 14:41

"Cando a ti che chega a multa, márcache a velocidade á que te captou o radar, pero non che manda a marxe de erro nin a velocidade corrixida, unha vez aplicada esa marxe", explica a avogada ourensá Carmen Silva Fernández.

A marxe de erro é do 5% no caso dos radares fixos e do 7% nos móbiles. Porcentaxes que, unha vez descontadas, poden supoñer a diferenza entre unha simple sanción, a perda de puntos no carné ou, incluso, un delito contra a seguridade viaria.

Mario Arnaldo, presidente de Automomovilistas Europeos Asociados: "Por exemplo, un automobilista que nunha autovía circule a 151, Tráfico vaille impoñer 300 euros e a perda de dous puntos cando, de acordo coa lei, terían que ser 100 euros sen ningún punto".

A vía xudicial adoita darlles a razón aos demandantes, pero son poucos os que recorren a ela, ben sexa por descoñecemento ou porque non lles compensa.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade