Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian malas condicións en cinco comisarías galegas

Denuncian malas condicións en cinco comisarías galegas

O sindicato SUP fala de deficiencias en 5 comisarías de Galicia, nas de Vigo, Ferrol, Lugo, Marín e Pontevedra

Nalgúns casos denuncian humidades, falta de espazo e dificultades de acceso

G24.gal 23/01/2024 15:35

As filtracións obrigaron a pechar parte da comisaría de centro da Policía Nacional en Vigo, segundo o sindicato SUP.

Denuncian que os teitos están a punto de derrubarse. "Hai filtración de auga, o teito caia, perigo de electrocutarse os compañeiros, sinalaba Vanesa Olego, secretaria de Comunicación SUP Pontevedra 11. 

Falan de deficiencias en 5 comisarías de Galicia, nas de Vigo, Ferrol, Lugo, Marín e Pontevedra. Nalgúns casos destacan que non foron ideadas para albergar comisarías e que son construcións antigas. "Seguen estando obsoletas para o século XXI, algunhas delas non teñen nin acceso de mobilidade reducida".

Humidades, falta de espazo, dificultades de acceso. Son algunhas das deficiencias que denuncia o Sindicato Unificado da Policía en 5 comisarías galegas. Din que os edificios necesitan reformas e reclaman que se faga unha inspección técnica dos inmobles. 

No caso de Lugo, apuntan que non hai un espazo específico para as entrevistas coas vítimas de violencia machista. "Fanse nun ambiente de privacidade, seguridade para a vítima, se non hai un lugar adecuado non estamos proporcionando o servizo axeitado"

Sinalan tamén escaseza de espazo e instalacións adecuadas. "Espazos de 10 m2 que teñen que utilizar 6 ou 7 compañeiros, os vestiarios non teñen ventilación nin duchas cerca".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade