Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian o mal estado de conservación da circunvalación de Santalla de Bóveda, en Lugo

Denuncian o mal estado de conservación da circunvalación de Santalla de Bóveda, en Lugo

O firme está tan cheo de fochancas que foi preciso cortar o tráfico no tramo afectado

Félix Aragunde 15/04/2024 12:56

A estrada que circunvala o núcleo lugués de Santalla de Bóveda de Mera encóntrase en moi mal estado de conservación, con numerosas fochancas de gran tamaño. Tanto é así, que no treito máis afectado mesmo foi preciso cortar o tráfico.

O tramo en peores condicións encóntrase na contorna do monumento máis emblemático desta parroquia, o templo romano de Santalla de Bóveda. Trátase, por tanto, dunha zona frecuentada por turistas e visitantes, que agora tampouco poden facer uso desta vía. 

Segundo os residentes na zona, o tránsito dos camións da madeira e dunha canteira, ademais da chuvia dos últimos meses, foron estragando o pavimento ata abrir as fochas que agora impiden o paso.

Para evitar ter que atravesar Santalla de Bóveda ou dar un rodeo, piden que se arranxe a vía canto antes. Ademais, o tramo cortado á circulación non chega a un quilómetro de lonxitude. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade