Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian o roubo de quince cabezas de gando en Antas de Ulla

Denuncian o roubo de quince cabezas de gando en Antas de Ulla

Son trece ovellas e dous cabritos que pacían nun prado preto das casas

Félix Aragunde 29/12/2022 13:26

Este é o prado do lugar do Pazo, en Antas de Ulla, onde desapareceron quince cabezas de gando que foran levadas a pacer. A súa dona deixounas un par de horas e ao volver por elas só quedaba unha cabra. Das trece ovellas e dos dous cabritos que tamén había non volveu saber nada.

Ángeles Mariño, titular da explotación: "Íaas recoller e ao chegar non estaban. Eran trece ovellas, un cabrito e unha cabrita. Había outra cabra, pero ao estar suxeita non a levaron. Despois  inspeccionei todo arredor, pero non vin rastro delas".

Ismael García Mariño, fillo da titular da explotación: "Revisáronse varios sitios e preguntamos nos lugares da contorna, pero ninguén viu nada. Só había as rodeiras dun todo terreo que viu o veciño".

A dona do gando considera que os animais foron subtraídos. Ademais, cre que os autores do roubo tamén derrubaron parte do valo de pedra do prado onde se encontraban. Agás a única ovella que lle quedou, porque xa parira, todas estaban preñadas, polo que valora as perdas en preto de 3.000 euros.

Ángeles Mariño, titular da explotación: "Para min que as roubaron, porque non vexo ningún rastro nin nada". 

Ismael García Mariño, fillo da titular da explotación: "Xa estaban bastante avanzadas, polo que é unha perda bastante grande. Ademais, foinas adquirindo pouco a pouco".

Unha vez presentada a correspondente denuncia, a Garda Civil investiga agora a autoría do roubo.

Do gando que había no prado, só quedou unha cabra Do gando que había no prado, só quedou unha cabra
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade