Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian que a Sareb quere desafiuzalos a pesar de ter alugueiros en vigor en Narón

Denuncian que a Sareb quere desafiuzalos a pesar de ter alugueiros en vigor en Narón

Unha quincena de inquilinos reciben citacións xudiciais para unha execución hipotecaria

Esixen que se respecten os contratos e organízanse para defender os seus dereitos

G24.gal 07/07/2022 14:07

En Narón, continúan os problemas para unha quincena de veciños que alugaron as súas vivendas hai uns anos e agora ven como a Sareb, que se fixo coa propiedade tras o rescate bancario, quere desafiuzalos. 

As citacións xudiciais emprazan unha quincena de inquilinos a presentarse no xulgado o 16 de setembro para unha execución hipotecaria, o que facilitaría o seu desafiuzamento. Alugaron as vivendas a unha promotora, e o ano pasado souberon que a Sareb é a actual propietaria deses inmobles. O obxectivo do denominado banco malo, tal e como figura na súa páxina web, é desfacerse de todos os activos que adquiriu procedentes dos bancos rescatados hai agora unha década. 

Pero aquí hai residentes con contratos de alugueiro en vigor, por iso non entenden, segundo explica unha das afectadas, Pilar González, que poidan ser desafiuzados. Asegura que "pagamos puntualmente todos os meses" e pide que se respecte o asinado, no seu caso un contrato de cinco anos asinado en 2019.

Ademais diso, os veciños denuncian que os poucos que decidiron marchar ante a presión dun posible desafiuzamento viron como aos poucos días os inmobles volvían ser alugados. 

Por todo isto, están organizándose para defender os seus dereitos e lograr que se respecte o asinado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade